jueves, 16 de junio de 2016

DEP HARAMBE



A traxedia comezou cando un neno, de tan so 4 anos, caeu na auga do hábitat dos gorilas ao treparse nas barandas. O equipo do zoolóxico actuou rápidamente chamando a todos os gorilas fóra do hábitat. Todos responderon agás Harambe, un macho de lomo prateado de 181 kilogramos, que xusto o día antes cumprira os 17 anos, a quen lle chamou a atención o neno e empezou a suxeitalo  e a arrastralo pola auga. 

HARAMBE

Resultaríame moi difícil decidir que debería facer o Zoo de Cincinnati no caso do neno humano e o gorila Harambe... Vendo os vídeos, o gorila non me parecía que tiña intención de facerlle dano ao neno, teño a impresión de que a actitude de Harambe era principalmente protectora cara o neno. Mostraba confusión. Pero penso que se podería evitar o asasinato de Harambe.

Púxose diante do neno, colléuno, arrastróuno pola auga (polo menos unha vez con moita brusquedade), e volveu a poñerse diante del. Boa parte da súa reacción posiblemente estivese provocada polo ruído e os gritos da xente. 

-Non houbo ningún momento de agresión aguda. Se o gorila hubese querido matar ao neno, podería facelo cun puñetazo. A xente non é consciente da forza sobrehumana dos gorilas. Pero non fixo ningún movemento que indicase a súa inteción de matar - recoñece o director do zoo no que todo isto aconteceu - . 
Vexamos o vídeo:




OS ECOLOXISTAS TIÑEN DE NEGRO 17 BANDEIRAS AZUIS DE ESPAÑA

España lidera o ranking mundial de Bandeiras Azuis ao obter 686 entre playas e portos, pero para Ecologistas en Acción este tipo de distincións ofrece unha "imaxe pouco realista da sostibilidade dos ecosisstemas costeiros" . Tanto é así que concedeu a 17 deses lugares pola súa particular Bandeira Negra, coa que a confederación ecoloxista destaca aquelas zonas de litoral que considera en peor estado ambiental. É un dos aspectos máis destacados do informe Bandeiras Negras 2016 recén presentado. As praias con esta doble bandeira son:
 Las Mariquinas (Almería), Cabo de Gata (Almería), Ancón (Almería), La Costilla (Cádiz), Sancti Petri (Cádiz), Puerto de Santa María (Cádiz), Roche (Cádiz), praia de Granada (Granada), La Cala (Málaga), Artola (Málaga), Villaviciosa (Asturias), Bajamar (provincia de Santa Cruz de Tenerife), Los Cancajos (provincia de Santa Cruz de Tenerife), D'Empuriabrava (Girona), El Hipódromo-Los Cárabos (Melilla), La Hípica (Melilla) e praia Norte de Peñíscola (Castellón).

BAJAMAR (provincia de Santa Cruz de Tenerife)
Piscinas naturais
LOS CANCAJOS (provincia de Santa Cruz de Tenerife)

PRAIA NORTE DE PEÑÍSCOLA (Castellón)

Calidade das augas de baño, información e educación medioambiental, xestión ambiental, seguridade e infraestructuras son os criterios nos que se basa a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (á que lle facemos unha visitiña) para otorgar as Bandeiras Azuis. 



Pareceme que non sabemos apreciar demasiado o que poseemos, e deberiamos coidar máis o noso medio...



domingo, 15 de mayo de 2016

AS NAIS, A GRAN REVOLUCIÓN DA NATUREZA

Nai chimpancé e a súa cría. 

Ser nai non é fácil. Así se trata de unha nai humana, ou de unha nai chimpancé ou gorrión, en xeral a maternidade é unha tarea que require certa inversión de enerxía e, ata nos animais máis coidadosos, ademais, require grandes cantidades de tempo e esforzo. En definitiva, elas parecen ser a clave que a natureza elexiu, non sempre coa axuda dos machos, para conseguir que os fillos saíran adiante. 
Bebé sobre o peito da súa proxenitora.

"Os humanos temos un instinto maternal moi parecido ao de outros animais; ten os mesmos fins e regulase da mesma maneira", explica Ángela Loeches, etóloga e zoóloga da Universidade Autónoma de Madrid. "Pero os humanos nunha sociedade cultural, e iso ten moito peso, aínda que non está claro canto", matiza.
A bióloga Lucía Gandarillas, coidadora de gorilas no Parque da Natureza de Cabarceno contanos: "As gorilas teñen un instinto maternal moi desenvolvido. Son moi protectoras e coidadosas e dedican todo o tempo ao bebé, tanto que a veces ata deixan de comer". Pero como pasa nos humanos, o instinto non o é todo. Sin o apoio da familia, aquelas nais primeirizas que non se criaron coa súa nai, non saben coidar ao seu bebé.
     As mulleres están programadas para ser nais?
"Dende o punto da evolución e da bioloxía, as mulleres si que están programadas para ser nais", afirma Ángela Loeches, aínda que tamén recoñece que hai outros ´compoñentes sociais`.
Para Gemma Cánovas, psicóloga e autora de un libro, O ser humano, a diferenza dos primates, está definido pola linguaxe. Aínda que o seu corpo está impregnado pola fisioloxía, no ser humano a natalidade constrúese.

Unha nai e a súa filla da etnia budista rakhine descansan nun campo de refuxiados da
cidade de Yay Soe Chaung, no estado de Rakhine, Birmania.

Eu opino que temos moito que ver cos primates: os xestos e a maneira de actuar...

lunes, 2 de mayo de 2016

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR


Hoxe celebramos o Día Internacional contra o acoso escolar o tamén chamado Día contra o Bullying. Trátase dunha campaña de concienciación sobre un problema que afecta a milleiros de escolares en todo o mundo.

-Orixe.
Asociacións de pais e numerosas ONG´s de todo o mundo acordaron a celebración deste día para concienciar a poboación sobre os riscos que pode causar o Bullying ou acoso entre os escolares así como divulgar diversos métodos para evitar que esta situación ocurra.

-Bullying ou Acoso.
Cartel plublicitario coa mensaxe do Non ao Bullying
O Bullying é definido como a inxustiza ou abuso de poder que sofren os escolares na escola. Os nenos ou xóvenes que sofren acoso escolar por parte doutros estudantes ou son testemuñas de situacións de violencia de forma reiterada teñen un menor rendemento académico a corto ou a largo prazo. 
Esta situación pode acentuarse ao largo do tempo e provocar na persoa afectada unha depresión que pode levalo a non asistir á clase, a deixar os estudos ou en casos ata pode levar ao suicidio. 

-Obxectivo.
O principal obxectivo deste día é erradicar a violencia e o acoso escolar entre os estudantes. É moi importante e necesario parar a violencia que se produce nos centro educativos e conseguir uns colexios seguros nos que os escolares poidan crecer nun clima de respecto. 


Paréceme un día moi significativo para todos nós e todos deberiamos poñer un pouco da nosa parte para evitar este gran problema... Así que xa saben, evitemos o Bullying!

miércoles, 27 de abril de 2016

VOLVE AO MAR TERRI, A TARTARUGA QUE CONMOVEU CORAZÓNS



UN NENO OBSERVANDO Á TARTARUGA "TERRI"
A tartaruga Terri retornou o día 18 de marzo ao Atlántico para completar as migraciones que afrontou ós seus 8 años de vida, pero non un calquera, senón un que case lle custa a vida. 
Este exemplar de 23 kilos de tartaruga boba, foi o único supervivinte dun grupo delas que vararon en xaneiro as costas da illa británica de Jersey, depois de que as correntes a levaran ás frías augas do Canal da Mancha
O propósito era levala a recuperarse ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Gran Canaria. Aspirábase a recaudar 28.000€ pero solo había 8.000€ recaudados ata que apareceu... Bruce Dickinson, o vocalista de Iron Maiden, que se ofreceu a levala no seu avión privado ata Gran Canaria.
Grazas á súa acción, Terri puido voltar ao mar na Praia do Inglés xunto con outra tartaruga de 1 ano tan afortunada como ela, pero moito menos famosa: de feito, o seu nome é 126, rodeada de decenas de turistas. Leva incorporado no caparazón un GPS que permitirá seguir a súa gran viaxe polo Atlántico, en busca dun lugar onde nutrirse, relacionarse e reproducirse.
 
TERRI E 126 VOLTANDO AO SEU HÁBITAT NATURAL



Ó final temos un final feliz, como o da nosa amiga a foca Camelle!
Oxalá que toda a xente fose así de xenerosa cos animais como Bruce Dickinson con Terri...











ESPECIE MARIÑA APARECE MORTA NA PRAIA DE ACAPULCO



Rara especie atopada na praia de Acapulco
Nas orillas da praia Bonfil, en Acapulco, foi atopada unha especie mariña de 4 metros que causou asombro e admiración entre turistas e lugareños.
O coordinador de Protección Civil e Bombeiros de Acapulco dixo que se descoñece o animal que sexa, pero ao parecer estivo moito tempo flotando e as correntes mariñas trouxérono a beira do mar.
"Descoñecemos o animal que sexa, pero sexa o que sexa non ole feo nin fétido", palabras do coordinador de Protección Civil e Bombeiros de Acapulco.
Aínda teñen abertas dúas hipóteses: pode ser un calamar ou unha balea, porque se observou que tiña ósos. 

Espero que sigan investigando ata dar co animal que ven sendo esta especie atopada en Acapulco...





viernes, 18 de marzo de 2016

O TRABALLO DO ANIMAL




                                         A ELEGANCIA ANIMAL



                                             HELENA AMEIJEIRAS TAJES 1ºB

       ----------------------------------------------------
    
    *ÍNDICE:

1. Como é.
2. Onde vive.
3. Como se nutre. 
4. Como se relaciona.
5. Como se reproduce.
6. Situación ecolóxica.
7. Fonte de consulta.    

                         O CISNE (CYGNUS OLOR)




     ------------------------------------------------------

    1. COMO É.

 

        
      Cisne branco en comparación comigo
      
      


     Os cisnes son brancos e teñen un                    pescozo moi longo. Son aves mariñas.
      Da cabeza ás patas, miden sobre un               metro e medio e pesan arredor de 9´5             kilos. A súa á aberta mide 2´5 metros.
      .


       
      ----------------------------------------------------

    
   2. ONDE VIVE.


Distribúense sobre todo polo Hemisferio Norte, en hábitats da lagos e ríos pouco caudalosos, con orillas onde crece vexetación alta. 

DISTRIBUCIÓN DO CISNE VULGAR
Verde: Todo el año
Amarelo: Nidificación
Azul: Invernada


CISNES NO SEU HÁBITAT NATURAL

    -------------------------------------------------------


    3. COMO SE NUTRE.


Estes animais respiran osíxeno do aire mediante os pulmóns. Aliméntanse de plantas acuáticas, insectos, ras e na primavera comen sobre todo sementes.

Un cisne tentando de colles unha ra. 

       ---------------------------------------------------
    
    4.COMO SE RELACIONA.


O seu desprazamento depende de se están en terra ou no mar. En terra andan a dúas patas e no mar nadan. O seu sentido máis sensible é a vista e os máis desarrollados, o oído e o olfacto. Son animais moi listos, logo aprenden. Son moi admirados polos humanos pola súa brancura brillande e a súa elegancia especial.



Como se pode ver na foto, véseme a min e a un cisne en St. James Park (Londres). Había varios e todos estaban esperando a que a xente lles dese de comer. 

          ----------------------------------------------------


    5. COMO SE REPRODUCE.

Estes animais teñen unha reproducción sexual interna, xuntándose unha célula reprodutora masculina e unha célula reprodutora feminina. Son ovíparos. A femia, despois relevada polo macho incuba os ovos nun niño fabricado por eles. 


Ovos de cisne.


A mamá cisne cos bebés cisnes. 











    6. SITUACIÓN ECOLÓXICA.

Non está en perigo de extinción. 

7. FONTE DE CONSULTA.

     www.wikipedia.com




domingo, 6 de marzo de 2016

COMO DESCUBRIR 7.000 ORANGUTÁNS PERDIDOS NA XUNGLA?



Párece o comezo dun chiste, pero non, o tema é moi serio. 
Os orangutáns de Sumatra, en perigo crítico de extinción, sumarían unha poboación de máis de 14.000 exemplares, o duplo do que se pensaba. 
UN ORANGUTÁN ADULTO E UN ORANGUTÁN BEBÉ.
Este novo cálculo, realizado tras un censo máis completo, permitiu descubrir nidos de orangutáns en sitios que, ata o de agora, non se lles buscaba. Ata o momento pensábase que vivían sobre un territorio de en torno a 8.000 kilómetros cadrados por toda esta illa indonesia e agora atopáronos nun territorio de 18.000 kilómetros cadrados. Ademais, buscóuseos polos 900 ou 1.000 metros de altitude e, para a súa sorpresa, chegaron a máis de 1.500 metros: só nesta franxa vivirían máis de 3.600 individuos, según o cálculo que realiza Serge Wich, da Universidade de Ámsterdam.
"A pesar destas boas noticias aínda estamos predicindo un forte descenso nun futuro cercano." advertía Wich.
Según os cálculos, para 2.030 poderían perderse sobre 4.500 individuos, por culpa da caza e da perda de hábitats. Para vixiar, xa se están a utilizar drons cos que se supervisan os seus hábitats.

domingo, 14 de febrero de 2016






                                               O RÍO QUE FERVE

O xoven científico Andrés Ruzo, investigador na National Geographic, conta na BBC que sempre pensou que a existencia dun río fervente no Amazonas non era máis que unha lenda. Este é o seu relato:

"Cando eu era un neno, en Lima, o meu avó contoume a conquista de España en Perú
Atahualpa, emperador dos incas, foi capturado e aniquilado. Logo, os españoles ían ós pobos incas e preguntábanlle: "Onde hai outra civilización que podamos conquistar? Onde hai máis ouro?"
Os incas para vengarse dicíanlle: "Vaian a Amazonía. Alí encontrarán todo o ouro que queiran, de feito ata hai unha cidade chamada Paititi (O Dourado, en español), toda feita de ouro.
Os españoles marcharon cara a selva pero os poucos que regresaron contaban historias de poderosos chamáns, de guerreiros con frechas envelenadas, de árbores tan altos que ata tapaban o sol, de arañas que comian paxaros, culebras que se comian homes enteiros e de un río que fervía.
Todo isto convertiuse nunha memoria da infancia.
Os anos pasaron e recordei isto cando estaba tratando de entender no meu doctorado o potencial de enerxía xeotérmica en Perú. 
Pregunteille a uns colegas da universidade, a diferentes compañías de petróleo, gas e minería, ó goberno, e a resposta sempre era un `non´rotundo.
Tiña sentido. 
Cando estaba contando esta mesma historia nunha cea familiar, a miña tía díxome:"Pero non, Andrés, eu estiven alí. Bañeime nese río."
Logo o meu tío afirmou: "Non minte. Un ó pode nadar logo de unha forte choiva, e está protexido por un poderoso chamán. A túa tía e amiga da súa muller."



Terminei adentrandome na selva coa miña tía. A máis de 700 km. do centro volcánico máis cercano e preparándome para ver o lexendario `arroyo cálido da Amazonía´.
De repente escoitei algo...
Sonaba como as olas do mar rompendo, e cando nos acercamos vin vapor elevándose entre as árbores. E logo vin isto:


  
Inmediatamente saquei o meu termómetro e a temperatura da auga era de 86ºC. 
O chamán levoume río arriba ó lugar máis sagrado. Á mañá seguinte deperteime e pedin unha taza de té. Eles déronma e sinaláronme o río. 
Para a miña sorpresa, a auga era limpa e con un sabor agradable.
O nome indíxena do río era Shanay Timpishka (fervido co calor do sol). O río fluye quente por 
6´24 km. e ten piscinas fluviales e cascadas de 6 metros de altura... todo o tempo con auga fervendo. É curioso porque empeza frío, logo quéntase, vólvese a enfriar e outra vez a quentar, novamente baixa a temperatura e volve a subir, e finalmente vaise reducindo ata que desemboca noutro río.


Vin a moitos animais caer e morrer. Eles intentaban sair mentres que a corrente os ía levando ao mesmo tempo que os ía cociñando as altas temperaturas e quedaban blancos. Un pouco sádico, non?
Pero... como pode existir?
É único. Hai moito que investigar.
Cal é o seu significado?
Para os chamáns, é un lugar sagrado.
Para min, e un lugar único."

Estas son as palabras de Andrés. A min pareceme que foi moi valente porque non é fácil ir alí e tratar con xente de outra culturas e que non coñeces de nada, e sobre todo como che van a recibir.




sábado, 6 de febrero de 2016




                                      O CAMBIO CLIMÁTICO

    Un dos temas que máis nos preocupa ós cidadáns de         todo o mundo é o cambio climático. Agora vamos ver que é,  as razóns polas que se está producindo e os países que  máis e menos preparados están. 


 *Que é o cambio climático?
  O cambio climático e a modificación do clima con respecto
  ao historial climático. 

*Por que se está producindo o cambio climático?
 A enerxía recibida pola Terra dende o Sol, debe estar en 
 balance coa radiación emitida dende a superficie terrestre,
o sea, debe haber un equilibrio enerxético. Calquer factor que xenere un cambio sostido entre a cantidade de enerxía que entra ao sistema (neste caso, a Terra e a súa atmósfera) e a enerxía que entra pode producirse un cambio climático.

*Cales son os países que máis preparados están?
 Á cabeza dos países máis preparados están Australia,  Noruega, Suecia, Finlandia...
 E polo lado contrario, os menos preparados son os países  de África central.
 España estamos polo medio. 











miércoles, 6 de enero de 2016



                                                       A NATUREZA
Está claro que a natureza é unha cousa incrible (para min...), vou convencer con estas cinco obras naturais ao que non opine así:
A Cova dos Cristais encontrase en México, no estado de Chihuahua. Esta cova esta conectada a Mina de Naica a 300 metros baixo a superficie. Estes cristales son principalmente de xeso e selenita. O cristal mais grande encontrado mide 12 m. de largo, 4 de diámetro e pesa 55 toneladas. A cova chegou a alcanzar os 58 ºC.
Parece incrible a medida destes cristais, mirádeos a eles e mirade as persoiñas...  


O Gran Burato Azul está situado na costa de Belice. Hai numerosos buratos azuis, pero ningún tan fermoso e impoñente coma este. É de forma circular perfecta  e conta con 300 m. de ancho e 123 de profundidade. Formouse debido a un sistema de pedras caliza durante o último período glacial, cando o nivel do mar era moito máis baixo. Como o mar comezou a subir de novo, as covas inundáronse e o teito derrubouse. 



















Praia Brillante está na Illa Vaadhoo (Illas Maldivas). A primeira vista, parece que as augas
do mar, moi claras de día,se converteran nun espello ao caer a noite, reflexando as estrelas do ceo. Pero non é así, trátase dun fenómeno chamado bioluminiscencia (deixovos aquí o que significa). 
























A Calzada Dos Xigantes encóntrase na costa nororiental de Irlanda. É unha área de aproximadamente 40.000 columnas de basalto, a causa do enfriamento moi rápido da lava nun cráter ou caldeira volcánica, de fai 60 millóns de anos. Foi descuberta en 1.693. 















Lago Abraham está situado no estado occidental de Alberta, Canadá. A súa peculiaridade son as burbullas de aire conxeladas debaixo da súa superficie, é debido a que as plantas producen gas metano que se conxela medida que vai chegando á superficie. As burbullas acumúlanse na superficie, a medida de que o clima ven sendo máis e máis frío, xa que en inverno, nos días mais fríos, chegou a alcanzar os – 40 ºC. 












viernes, 25 de diciembre de 2015




                                                                OS RÍOS


Os ríos son correntes de auga naturais que flúen con continuidade. Posee un caudal determinado que desemboca nun mar, nun lago ou noutro río, que nese caso se chama afluente. A parte final dun río é a súa desembocadura. Algunhas veces desembocan en zonas desérticas donde as súas augas perdense por infiltración e evaporación

Os ríos máis curiosos son: 

*O RÍO CAÑO CRISTALES é o río máis fermoso do mundo. Está situado na Serra da Macarena, en Colombia. Non alcanza os 100 km. de largo nin sobrepasa os 20 m. de ancho. A particularidade deste río son as súas múltiples cores que se producen polas plantas acuáticas que están no fondo, e dá a sensación de estar frente  a un río de cinco cores: vermello, amarelo, verde, azul e negro principalmente. Este río parece de conto!                          

*O RÍO AMAZONAS é o máis largo do mundo.
Está situado en América do Sur, concretamente pasa por Perú (nacemento), por Colombia e por Brasil (desembocadura). Ten unha lonxitude de 7.062 km. de largo. A calquera lle parece incríble a lonxitude do avó río...

*O RÍO DE LA PLATA é o máis ancho do noso planeta. Está situado en Sudamérica (América do Sur), concretamente en Argentina e en Uruguay. A súa lonxitude é de 300 km. aproximadamente e alcanza os 220 km. de ancho. 

domingo, 20 de diciembre de 2015

                  
                                  UNHA GRAN CIENTÍFICA

*VIDA:

Marie Curie foi unha científica nacida en Varsovia (Polonia) o 7 de novembro do 1.867.Cando tiña 10 anos, sufriu un colapso ,debido a unha depresión, e pasou o ano no campo, con parientes do seu pai. En 1.891 marchou a París e pasados dous anos finalizou os seus estudos de física nunha universidade parisina co número un da súa promoción. No ano 1.894 casouse con Pierre CurieNo ano 1.906, Pierre faleceu atropelado por un carro de cabalos.



En 1.911 protagoniza un escándalo ao establecer unha relación co sabio Paul Langevin, que estaba casado. 
Días despois do estallido da Primeira Guerra Mundial, as súas fillas estaban de vacacións   amigos de Marie, nun pobo cerca de París. 
En 1.917, ela e as súas fillas, trasladáronse  a vivir ós Estados Unidos, para estar "a salvo" da guerra, xa que alí non a había nese tempo e en Francia si.
Tras quedar cega, Marie, faleceu en Francia o 4 de xullo do 1.934, ós 67 anos. 




*OBRA:

 Marie, foi a primeira en utilizar o término "radioactivo"para describir os elementos que emiten radiacións cando se descompoñen os seus núcleos. Pierre e Marie, descubriron dous novos elementos químicos: o radio e o polonio (ao que ela lle puxo o nome polo seu país de orixe).

En 1.903, gañaron Premio Nobel de Física polos elementos radiactivos.
No ano 1.911 déronlle o seu segundo Nobel, o de Química, polas súas investigacións do radio e dos seus compostos.
En xullo do 1.915 foi unha das primeira mulleres en obter o carnet de conducir. Solicitouno para conducir as unidades móviles de raios X.

Marie Curie, sufriu unha grave anemia causada polas largas exposicións á radiación.
En 1.917, como xa dixen, foron a vivir ós Estados Unidos e, sobre a súa chegada, o periódico The New York Times, publicou na portada que Madame Curie tiña intención de poñer fin ao cáncer. As súas palabras foron: "El radio es la cura para cualquier tipo de cáncer".
Tras a guerra, Curie escribiu un libro ao que lle chamou La radiologuie et la guerre (1.919).

(Deixovos aquí o enlace para ler o libro, iso 

si, hai que saber francés).






*ONDE RECOLLÍN A INFORMACIÓN:
www.buscabiografias.com e www.wikipedia.org


*O TOQUE PERSOAL!! (OPINIÓN): 
Impresionante!
Pareceme que esta muller foi moi valente, forte e intelixente, porque ao facer todo iso neses tempos tan difíciles e duros ten moito valor.
  

sábado, 19 de diciembre de 2015



                         POZO DE JACOB


Realmente o salto ó vacío trátase dun peculiar pozo (obra da natureza, totalmente), duns 10 metros de profundidade e 4 de diámetro que deixa estas impresionantes vistas. Este pozo chámase Jacob e encontrase en Texas, Estados Unidos e mantén esta profundidade grazas a comunicación entre outras covas submarinas que aínda non chegaron a ser exploradas xa que non é un sitio moi bo para facer buceo debido a que nas súas augas faleceron ata 9 buzos.


O pozo consta de dous conductos principales según os expertos que chegaron a exoplorar a zona. Para os amantes do buceo é un lugar incrible para esta práctica xa que se trata dun lugar inusual con augas totalmente cristalinas,pero recomendase
ter moitísima experiencia e equipos moi profesionales para realizar un buceo en estas covas submarinas sendo así unha actividade moi perigosa e arriscada. 
A morte dos 9 buzos profesionais nesta cova é debido a unha falsa saída que se encontra no seu interior que fai crer aos buzos que teñen a saída facendo o gasto exacto de osíxeno para producirse unha trampa mortal. Aínda que é un lugar cheo de misterios, cada ano visítano cada vez máis turistas deixando a organización de este a entrada so de 25 persoas á vez en este pozo para garantizar a seguridade. As inmersións profundas so están permitidas por equipos profesionais e equipos adecuados.

viernes, 18 de diciembre de 2015




                          AS CATARATAS

As cataratas son os tramos de un curso fluvial donde, por causa dun forte desnivel do canle, a auga cae verticalmente por efecto da gravedade. As caídas de auga considéranse un dos fenómenos máis fermosos da natureza. Algunhas cascadas utilízanse para xenerar enerxía hidráulica.
As cinco máis impresionantes do noso planeta son:

1. CATARATAS VICTORIA, situadas entre Zambia e Zimbabwe. Miden 1´7 km de ancho e 108 m de largo e levan un caudal de 1 millón de L/s. O seu fume ás veces vese dende 40 km de distancia.


2. CATARATAS DO NIÁGARA, situadas na fronteira entre Ontario e Nova York. Mide 54 m de altura e case 1 km de largo e un caudal de 2.800 metros cúbicos por segundo. "Niágara" significa "Trono de auga".

3.SALTO ÁNXEL, está situado en Venezuela.Ten unha caída libre de 970 metros. É a cascada máis alta do mundo. O pobo venezolano de Prenom, chámana "Kerepakupai merú", que significa "A cascada do lugar máis profundo". Foi descuberta por James Ángel en outrobro do 1937.

4.CATARATAS DEL IGUAZÚ, están ubicadas entre Argentina e Brasil. Miden máis de 2´7 km de ancho e máis de 80 metros de largo. Caen constantemente 1´3 millóns de litro por segundo. Compóñense de 275 saltos e outras tantas cascadas individuales.

5.CATARATA GARGANTA BAATARA, está situada en el Monte Líbano, Tannurin, Líbano. Foi descuberta en 1952 por Henri Coiffait e posee unha caída de 255 metros, dentro da impresionante caverna xurásica. Pasa por tres pisos.



















ISTO É TODO POR HOXE CIENTÍFICOS, ATA PRONTO!